Accesibilidad

Noticias 

© Irimia | 07/09/2024 | Romaxe 2024 1

XLVI edición da Romaxe de Crentes Galegas/os

Coidando da xente coidamos a terra e coidando a nosa terra coidamos da nosa xente

07/09/2024 | Lodoselo

Dende o CDR O Viso como organización que posibilite e promova sinerxías para a celebración aquí na Limia da 46 edición da Romaxe de Crentes Galegas/os alentámosvos a participar e vir a Lodoselo o vindeiro sábado 14 de setembro. Agradecer o apoio que nos están a posibilitar todas aquelas institucións e persoas nas que o temos solicitado: Concello de Sarreaus, Concello de Xinzo de Limia, Inorde (Deputación), Protección Civil, IXP Pataca de Galicia, A.C. Civitas Limicorum, Restaurante A de Torino...
Aquí tedes o enlace á páxina da revista Irimia deste mes onde aparece o horario (a partir das 11 da mañá), o lugar e o convite:
https://irimia.gal/xlvi-romaxe-de-crentes-galegos-a-terra-quer-coidados/
A celebración da Romaxe deste ano céntrase na necesidade dos coidados. Coidar da xente, coidar da terra. Coidando da xente coidamos a terra e coidando a nosa terra coidamos da nosa xente. Galicia, e máis aínda, a Galicia rural, ten que transformarse nun lugar de coidados, con creatividade, con solidariedade, con iniciativas sociais e políticas públicas adaptadas. Como en Lodoselo, facer da nosa tradición e maneira de vivir unha fonte de inspiración para o coidado da vida que dá vida. Iso celebraremos.
Únete a nós e convida a túa contorna!

Irimia é quen organiza a Romaxe; é unha asociación que naceu en 1978 coa vontade de colaborar en que a Igrexa de Galicia fora realmente unha Igrexa galega; é dicir unha Igrexa comprometida co seu pobo, a súa lingua e a súa cultura, coa súa identidade, a súa realidade popular. Para moitos de nós, dos que comezamos no CDR, un referente.
Aquí tedes o folleto que imos empregar na celebración: https://irimia.gal/wp-content/uploads/2024/09/ROMAXE-2024-WEB.pdf

Arquivada en:
Infórmate > Noticias