Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 30/08/2024 | Inauguramos o Galiñeiro do Centro de Día Lodoselo

Inauguramos o Galiñeiro do Centro de Día Lodoselo

Un Proxecto de Cooperación e Coidado

30/08/2024

Onte, xoves 29 de agosto, xuntámonos para facer unha pequena festa e inaugurar o novo galiñeiro do CDR en Lodoselo. Detrás do Centro de Día e a Casa Niño, integrado no Xardín Sensorial, na horta. Rematadas as obras onte levamos algunhas galiñas, un galo e un par de coellas que tiñamos na outra horta, onde a reitoral.
Dende o principio, a construción deste galiñeiro foi de maneira cooperativa. Por unha banda Pili e Eloi foron as artistas que crearon os planos e as “xefas de obra” que foron explicando pouco a pouco como ía ser o galiñeiro, que necesitabamos e en que podiamos axudarlles.
Carlos como voluntario do CDR axudou en todo o proceso de compra e construción do mesmo, involucrouse e dedicou o seu tempo e esforzo no proceso e implicouse en todos os aspectos.
Non nos podemos esquecer doutras compañeiras coma Lucía, Andrés, María, Tomás...  que tamén dedicaron o seu tempo a botar unha man no que fixo falta.
Queremos que este galiñeiro sexa un lugar de coidados tanto para os animais  como para as persoas. Entre todas botaremos de comer ás galiñas e ós coellos, limparemos a súa casiña, recolleremos os ovos...
Queremos que sexa un punto de encontro para as persoas, tanto nenas e nenos como persoas maiores, no cal dunha maneira cooperativa, aprenderemos mutuamente uns dos outros a coidar, saber facer e escoitar.
Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADOS PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias