Noticias
© CDR O Viso | 12/08/2024 | Sara- Toño Axuda mutua horta
Axudar a outra persoa é un privilexio
Dámoslle recoñecemento ás boas novas
12/08/2024
Sara é unha muller forte, loitadora, traballadora e valente, que dedicou toda a súa vida ao coidado dos demais e que se encargou sempre de que á súa familia non lle faltara de nada, antepoñendo as necesidades dos demais ás súas propias. Agora ten 88 anos e un sorriso sempre preparado para regalarlle a todo aquel que chega de visita á súa casa. É cariñosa, atenta, agradecida e amante da natureza e da súa horta, aínda que este ano, debido ao seu estado de saúde non puido atendela como a ela lle gustaría…por iso conxeniou tan ben con Toño, usuario de LIMISI e participante do Voluntariado Interxeracional que ofrece o Centro.
En Limisi, a través do seu voluntariado, pretenden devolverlle á sociedade a gran labor que esta entidade recibe de todas as persoas que, ao longo do ano, colaboran con eles. Trátase de visibilizar que as persoas con diversidade funcional teñen tamén moito que ofrecerlle aos demais, neste caso a unha participante do proxecto Biocoidados levado a cabo dende o CDR O Viso.
Toño é un home atento, próximo, amable e sempre disposto a axudar a quen o precise, por iso non dubidou en ningún momento en botarlle unha man a Sara. Cada semana acude á súa casa para axudarlle a poñer a punto a horta mentres se coñecen e desfrutan xuntos de longas conversacións que lles permitiron descubrir varios puntos de conexión que ambos teñen en común.
A axuda mutua reforza os lazos sociais e aumenta o sentido de comunidade, fomenta a solidariedade e a empatía, reduce o illamento social e mellora a calidade de vida tanto dos que ofrecen como dos que reciben a axuda: Sara é feliz tendo a horta ben coidada e Toño é feliz facendo feliz a Sara.
#Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADOS PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais, consumo e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias