Noticias
© CDR O Viso | 08/08/2024 | Actividade de sensibilización: as cores da pel
A cor carne non existe!
Observándonos e observando ós demais sen prexuízo, con respecto
08/08/2024
Dixo Galeano que “somos o que facemos para cambiar o que somos” e no CDR cremos tamén que as pequenas cousas do día a día poden axudar a sermos mellores con nós e co mundo. É por iso que vimos de levar a cabo unha actividade de sensibilización coas nenas e nenos que estes días están en Lodoselo: “as cores da pel“, baseándonos nun conto de Karen Katz editado por Intermon Oxfam. Falamos de que a cor “carne“ non existe, senón que existen múltiples tonalidades de pel: abelá, chocolate, café, canela, arxila, avea… e todas as que queiramos.
O significativo da actividade foi reflexionar sobre un cliché que todas temos interiorizado e darlle unha volta, observarnos e observar ós demais sen prexuízo, con respecto. Démonos conta axiña que as nenas e nenos queren ser iguais uns e outras, exemplificando esta sociedade de patróns e estándares normativos. Tamén fomos conscientes de que o problema do racismo non está nas nenas e nenos, senón que é un problema social e comunitario global, e que cómpre traballar, primeiro, coas persoas adultas, pois a infancia reflicte o que somos como sociedade.
Esta actividade está enmarcada no programa Galicia Acolledora, a través do cal se traballa coas persoas que chegan doutros países á nosa comarca. Sempre nos consideramos un pobo acolledor, con xente que migrou a centos de lugares e que sabemos ben o que significa ser diferente nun lugar diferente ó teu. Seguiremos traballando a prol dos dereitos e da dignidade de toda persoa.
A actividade finánciase a través da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias