Noticias
© CDR O Viso | 31/07/2024 | Préstamo cama. Medidas de apoyo
Préstamos de medidas de apoio
Estamos, axudamos
31/07/2024 | A Limia
No noso compromiso de axudar ás persoas mantendo a súa autonomía e axudar ás familias e ás persoas coidadoras, no desempeño dos coidados básicos lembrámosvos o noso Programa de Préstamos de Medidas de Apoio.
Sabemos que moitos materiais como camas articuladas, cadeiras de rodas, calzadores, andadores, bancos e cadeiras de bañeira, entre outros, son custosos e normalmente de uso temporal.
Por iso, antes de que se faga unha gran inversión, poñemos á súa disposición estes materiais para que os poidan usar cando os necesiten e devolvelos cando xa non lles fagan falta.
Estes materiais non só facilitan a vida das persoas que os precisan, senón tamén a das súas familias e coidadoras. Moitas veces, facemos grandes esforzos para mover ou levantar aos nosos seres queridos da cama, o que, con repeticións constantes, pode causar dores nas costas e lesións que dificulten o coidado. Por iso, estas axudas son tan necesarias para todas.
Fai uns días, entregamos unha cama articulada a unha familia que a necesitaba. Estamos encantadas de poder proporcionar esta axuda e mellorar a súa calidade de vida.
Ademais, grazas a este servizo, temos un banco de préstamos de apoio, para que as cousas que non necesites se poidan reutilizar e así beneficiemos a máis familias.
Se precisades de algún destes materiais ou coñecedes a alguén que poida beneficiarse do noso servizo, non dubidedes en contactar connosco. Estamos, axudamos. Comportamentos fermosos: tratamos ós demais co coidado que todo o valioso merece.
Esta actividade está sendo posible tamén grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dentro do programa Servizos de Proximidade no medio Rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias