Noticias
© CDR O Viso | 09/07/2024 | Visita XIV Festival Internacional de Xardíns 4
Visitamos os xardíns de Allariz
Actividade de ocio saudable proposta dende Biocoidados
08/07/2024
No marco dunha actividade de ocio saudable proposta dende o Proxecto de Biocoidados, o xoves 27 de xuño un grupiño de persoas visitamos Allariz coa finalidade de favorecer a participación social das persoas participantes na comunidade impulsando ao mesmo tempo os seus proxectos de vida. Tras escoitar as peticións dalgúns membros do grupo, elixiuse a visita ao XIV Festival Internacional de Xardíns desta vila.
Baixo o lema “O xardín é unha obra de arte”, o Festival acolle doce xardíns seleccionados entre case corenta propostas de distintas partes do mundo. Nesta 14ª edición participan paisaxistas galegos, madrileños, ecuatorianos, portugueses e austríacos, mostrando dende xardíns impresionistas, ata un xardín dedicado á danza, así como o característico arte pop.
Dende Biocoidados, coa realización destas saídas perseguiuse a creación de lazos afectivos e sentimentos de pertenza a un grupo con intereses similares, obxectivo que agora podemos presumir de habelo conseguido; xuntos compartimos momentos e anécdotas inesquecibles.
Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE ATENCIÓN PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias