Noticias
© CDR O Viso | 01/07/2024 | Talleres 2023-24 1
Fin do curso 2023-24 dos Obradoiros de Ximnasia de Mantemento e Memoria
En Freixo y Lodoselo
01/07/2024
O pasado mércores 27 de xuño en Lodoselo puxémoslle o ramo ó curso 2023-24 dos obradoiros de Ximnasia de mantemento e Memoria desenvolvidos nas aldeas de Lodoselo e Freixo (Concello de Sarreaus ambas) ca correspondente entrega de diplomas dos mesmos.
Trátase de dous grupos veciños unidos, participativos e activos que gozan das actividades propostas e sempre están dispostos a aprender outras tantas novas, e non só iso, nós tamén desfrutamos dos momentos de lecer que nos brindan e máis dos seus valores e sabedoría que sempre nos ensinan.
Coa XIMNASIA buscamos favorecer o envellecemento activo contendo o deterioro das destrezas motoras que poden aparecer ca idade. Conseguimos isto grazas ó fortalecemento da musculatura global e traballo do equilibrio e flexibilidade, mediante exercicios aeróbicos e anaeróbicos, xogos tradicionais e en equipo e técnicas de relaxación.
Coa MEMORIA tratamos de fomentar a capacidade de razoamento, a concentración e a habilidade de resolución de problemas mediante a estimulación das distintas áreas executivas: memoria, atención, pensamento, percepción, cálculo, linguaxe… e mediante distintos medios: desafíos grupais e individuais, xogos, recursos dixitais…
A COHESIÓN SOCIAL conseguímola en ambos talleres ó afianzar as relacións interpersoais e favorecer os lazos comunitarios.
Esta actividade está enmarcada no programa ALDEAS ACTIVAS financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias