Noticias
© CDR O Viso | 01/07/2024 | Biocociña
Un novo éxito para o equipo de Biocociña
Elaboramos unha merenda saudable e con moito significado
30/06/2024
Na última semana de xuño o equipo de Biocociña tivo unha petición moi especial. Foron as encargadas de facer unha merenda para a despedida de fin de curso dos grupos de ximnasia e memoria en Lodoselo, e puxeron todo o seu empeño en que a festa fose un éxito. O resultado foi unha mesa chea de deliciosos aperitivos que rapidamente se esgotaron.
En Biocociña levamos moito tempo traballando e aprendendo sobre a alimentación saudable e este acto supuxo unha posta en práctica dos coñecementos adquiridos. É importante resaltar que as compoñentes deste grupo non só adquiren coñecementos sobre unha boa alimentación senón que tamén ven favorecida a súa valoración persoal grazas ao reforzo positivo que lles ofrece a xente coa que interactúan. Por iso son tan importantes as festas e xuntanzas, porque sen decatarnos estámonos coidando en comunidade.
Como diciamos a merenda foi un éxito grazas a Lourdes Sotelo, a Xiana e a Lourdes Augusto. É un orgullo para nós acompañarvos no voso crecemento persoal!
Esta acción enmárcanse no proxecto #Biocoidados: Novos modelos de atención prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).
Arquivada en:
Infórmate > Noticias