Noticias
© CDR O Viso | 26/06/2024 | P. Europeo Coblages
Recibimos en Lodoselo ós socios do proxecto europeo Coblages
Estudantes e profesorado mellor preparados para un mundo envellecido
26/06/2024
O futuro dos pobos pasa pola xente. Témolo claro. Agora ben, que xente vai vivir nos pobos dentro de 25 ou 50 anos? E canta xente vai vivir neles?
Todas e todos temos referencias de xente vella nos pobos e o perfil está cambiando. Quen non ten na cabeza unha imaxe dalgunha tía María, tía Olimpia ou tía Maruja encollidiñas, cun pano negro na cabeza e toquilla no inverno? Ou dalgún tío Manoel, ou Luís... Xente con engurras profundas e pel queimada dunha vida ligada á terra e ás vacas. Terían 60, 70 ou 80 anos pero a nós parecíanos que tiñan máis de cen porque estaban no pobo antes de chegar nós. Parecían tan vellas coma a igrexa ou o cruceiro. Hoxe a xente máis vella das nosas aldeas é diferente. Xente de 80 anos que está moza, xente de 85 que pasea quilómetros ó día, xente de 90 que aínda cava a horta... Vivimos moitos máis anos e con maior calidade de vida.
Cambiou case todo. Os hábitos alimentarios, o coidado da saúde, a hixiene, as condicións domésticas, etc. E como será o futuro?
Non o sabemos. Seguramente naide o saiba.
No ámbito universitario tampouco teñen resposta pero xa se puxeron a traballar nela. Coa Facultade de Ciencias de Educación do Campus de Ourense da Universidade de Vigo á cabeza e da mau da Universidade de Viseu, botou a andar un proxecto europeo para estudar cal é formación da xente moza en cuestións de envellecemento tamén para estudar dende unha óptica interxeracional problemáticas actuais e retos futuros co obxectivo de darlle a resposta máis eficaz. Desenvolver unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria no ensino superior para ter estudantes mellor preparados para un mundo envellecido. Con este reto, desde setembro de 2023 e ata febreiro de 2026 catro universidades e unha ONG de Portugal, Turquía, Romanía e España desenvolven o proxecto europeo Coblages. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense é unha desas institucións participantes. Isto permitiu que o amigo e decano da Facultade de Educación, Xosé Manuel Cid e a amiga e profesora Esther Pérez trouxesen onte a un equipo de profesores e profesoras a Lodoselo para coñecer o proxecto do CDR. Chegaron dende Turquía, Rumanía e Portugal nunha sorte de crisol académico que deixou, unha vez máis, folgos renovados no CDR. A globalización presenta retos que se repiten á vez en moitos outros lugares do mundo e as respostas, sempre locais e adaptadas ó contexto real, infinitas.
Nós seremos a tía María, ou o tío Manoel de dentro de 25 ou 50 anos. Como seremos? Como será o pobo? Que servizos imos ter? Cales imos necesitar? O CDR xa está con estas cuestións nos miolos porque a misión é inquebrantable: a vida no rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias