Noticias
© CDR O Viso | 20/06/2024 | ANPA Sarreaus no albergue 1
O fin de curso máis especial á beira da casa
E o coidado que poñemos no que facemos con entusiasmo
20/06/2024 | Lodoselo
A emoción foi protagonista ó longo de toda a semana e chegou ó punto álxido na véspera da visita do alumnado do colexio de Sarreaus ó albergue do Pobo-escola. Ata custou conciliar o sono na noite anterior. Poderiamos estar falando dos nenos e nenas do colexio pero non, falamos do equipo educativo do CDR. Recibir ó alumnado do colexio veciño é o maior dos retos e a máis grande satisfacción. Cadrar cas familias ó longo da semana e escoitar como o Ander xa tiña preparada a linterna é o que lle da sentido a todo. Escoitar á Lucía e á María ó chegar, case histéricas, que era a primeira vez que ían durmir sen os pais no cuartro contiguo e que confiaban en manterse espertas toda a noite é algo que non se olvida. Xuntar ó Pablo, ó Antón, ó Enzo, á Antonella, ó Iago e á Sofía arredor de catro simples ingredientes para crear a masa dunha “lodosela” é a felicidade. Ver ó Diego, ó Ian, ó Isma, á Noa e á Uxía enzoufados de salsa de tomate facendo unha pizza para cear é a felicidade. Estar co Álex, ca Laura e ca Xiana desfacendo lévedo coas maus discretamente lavadas é a felicidade. Ver ó Iker e ó Adrián coidar e dirixir ós seus grupiños como capitáns é a felicidade. Ver ó Hamza presumindo de coñecer Lodoselo cos ollos pechados é a felicidade. Ver como á Nora lle importa tanto que os compañeiros e compañeiras de menos idade poidan falar é a felicidade.
E ver como lle chegan reforzos o día seguinte co Andrés á cabeza, tamén é a felicidade. Porque o amor tamén é o coidado que poñemos no que facemos con entusiasmo.
Que os nenos e nenas do colexio de Sarreaus veñan convivir a Lodoselo significa que os pobos teñen vida, e teñen futuro. Esta actividade foi posible grazas á Asociación de Nais e Pais do alumnado e ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dentro do programa O NOSO ESPAZO.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias