Noticias
© Concello de Allariz | 19/06/2024 | Xornada RMAe
Celebramos o Día da Gastronomía Sostible
Papel dos concellos na alimentación sostible e de proximidade organizada pola Rede de Municipios pola Agroecoloxía
19/06/2024 | Allariz
Este martes, 18 de xuño, celebramos o Día da Gastronomía Sostible, promulgado pola ONU no ano 2016. E tivemos a oportunidade de facelo moi ben acompañados en Allariz que acolleu unha xornada para explorar o papel dos concellos na alimentación sostible e de proximidade organizada pola Rede de Municipios pola Agroecoloxía (RMAe).
Foi un encontro entre persoal técnico, responsables municipais (participaron 15 concellos), movementos sociais e persoas produtoras; en dous espazos de traballo: o salón de plenos e o Mercado da Reserva da Biosfera; cun programa que alternou momentos nos que estivemos todas as persoas e outros nos que nos dividimos: representantes municipais e o resto. Para reflexionar, intercambiar experiencias, formarnos e dialogar; tamén para presentar as peticións que nos parecen claves para avanzar xuntos neste tema. Sempre é unha sorte compartir momentos así con persoas comprometidas co dereito á alimentación e a recuperación dun modelo agroalimentario produtivo e sostible nas nosas contornas.
A RMAe é unha asociación formada por entidades locais do Estado español. Ten por obxecto a xeración dunha dinámica entre entidades locais co fin de construír sistemas alimentarios locais, respectuosos co medio ambiente, sostibles, inclusivos, resilientes, seguros e diversificados que aseguren comida saudable, sostible e accesible ó conxunto da poboación, e que potencien o emprego local, en liña coas perspectivas da agroecoloxía e a soberanía alimentaria.
A agroecoloxía xorde como unha proposta de futuro que se sustenta na construción de sistemas alimentarios locais, baseados na economía circular e nun manexo agrario sostible e apoiado nos principios da ecoloxía. Propón, ademais, un modelo de gobernanza baseado na participación e a soberanía alimentaria, articulando distintas escalas territoriais. Tamén promove a equidade social, mellorando o acceso a alimentos frescos, sostibles e de calidade, e en especial dos grupos sociais de rendas baixas. E, finalmente, trata de recuperar o protagonismo do sector produtor na provisión de alimentos, mantendo tanto a dignidade das súas rendas como os servizos ecosistémicos que provén.
Animar a que os nosos concellos intégrense e participen. Porque é necesario promover e implantar sistemas sostibles e territorializados de produción-comercialización e consumo local de alimentos; facilitar un mellor acceso a unha alimentación sostible, local, xusta e saudable para o conxunto da poboación, articulando para iso administración e actores sociais e económicos locais.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias