Noticias
© GRANULAR | 17/06/2024 | GRANULAR Ribadavia
Participamos no Laboratorio Vivo RIO
Convidados pola UVigo, no proxecto Granular
17/06/2024 | Ribadavia
Este luns, 17 de xuño, participamos en Ribadavia xunto a outras 16 persoas (da Uvigo, Fundación Juana de Vega, Agader, Cruz Vermella, Deputación de Ourense, Atelier Social, Claqueta Coqueta, Agadea...) nunha reunión reflexiva á que fomos convidados e na que nos presentaron o Proxecto Granular.
Encargouse Mª Isabel Doval pero tamén Rubén Riós adiantounos algo da súa obra “Centenar100s”, Breixo Martins (ferramentas do proxecto), Rebeca Vázquez (servizo de teleasistencia)... todas e todos participamos, reflexionamos e puxemos en común a través dunha dinámica ben dirixida a nosa valoración, punto de vista.
GRANULAR é un proxecto multidisciplinario e transnacional de catro anos de duración, cuxo obxectivo é xerar novos conxuntos de datos, ferramentas e métodos para comprender mellor as zonas rurais. Está coordinado polo Instituto Agronómico Mediterráneo de Montpellier, Francia, e inclúe outras 23 organizacións de toda Europa con múltiples coñecementos e habilidades que abarcan ciencias sociais, desenvolvemento rural, ciencias ambientais, economía, ciencias políticas, sociedade, sustentabilidade e planificación espacial, análise estatística, modelización, teledetección, intelixencia artificial e grandes datos.
A cocreación e a participación de múltiples actores son o núcleo do enfoque GRANULAR. Como tal, GRANULAR xestionará 7 Laboratorios vivos en diferentes rexións de Europa: Francia, Países Baixos, Italia, Polonia, España, Suecia, Reino Unido. Reunirá a actores da ciencia, as políticas e a sociedade civil para codiseñar, probar e validar o traballo GRANULAR.
Ademais haberá 9 laboratorios de replicación situados en Albania, Finlandia, Grecia, Italia, Letonia, Lituania, Moldavia, Rumania e Serbia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias