Noticias
© COCEDER | 13/06/2024 | I Encontro de Despoboamento de Coceder
Escenario con infinitas posibilidades e circunstancias de cada territorio
Participamos no I Encontro de despoboamento de COCEDER
13/06/2024
Na última semana participabamos no I Encontro de Despoboamento de Coceder. As compañeiras, e amigas, do CDR El Prial, coa axuda do CDR Fundación Edes, organizaron unhas xornadas de traballo e reflexión que se converteron nunha sorte de idea e unha fonte de folgos no arduo traballo de combater o peche das casas nas aldeas.
As zonas rurais do estado temos en común a perda de servizos e de xente. Fóra diso debúxase un escenario con infinitas posibilidades e circunstancias de cada territorio que marcan as tácticas que os equipos de cada CDR executan no seu traballo diario.
Nós estamos apostando por acompañar moito ás familias antes de que veñan. Só se saben como é a Limia saberán a onde chegan. Deben saber as moitas cousas boas e bonitas que temos e tamén aquelas que poden chegar a ser un obstáculo, dificultade ou problema. Ese é o noso compromiso, ensinar a nosa terra e recibir, cos brazos abertos a quen a escolla para vivir nela.
Agora mesmo, noutras zonas estanse facendo cousas chulísimas que, algunhas intentaremos incorporar ó noso traballo. En Asturias dirixen a súa mensaxe á xente local para que alugue as súas casas, na Serra de Gredos están recuperando contos tradicionais dándolle un ingrediente de orgullo rural, os nenos e nenas do Bierzo estanlle escribindo cartas ás familias que teñen casas pechadas para que as abran... Moita xente pequena facendo cousas pequenas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias