Noticias
© CDR O Viso | 10/06/2024 | Obradoiro Centro
Obradoiro sobre dependencia, discapacidade e o documento de instrucións previas
Non estades soas/sós, somos un equipo
10/06/2024 | Lodoselo
Unha tarde máis achegáronse ata o noso Centro as compañeiras do ESAD, esta vez para informarnos sobre temas de discapacidade e dependencia, ademais de falarnos do documento de instrucións previas.
O pasado luns 27 de maio un grupiño de 20 persoas (veciñas/os, persoas participantes de diferentes programas, equipo técnico do CDR) participamos nunha charla sobre saúde e dereitos gracias ao obradoiro que organizamos co ESAD de Xinzo. Seguimos apostando pola difusión da información relacionada ca promoción da autonomía e prevención da dependencia a través dos programas do IRPF “Aldeas Activas e saudables” e “Envellecemento activo e saudable no rural”.
Nesta ocasión foi Natalia López, a traballadora social do centro de saúde de Xinzo de Limia, a encargada en realizar o obradoiro “Somos un equipo”. Esta actividade está recollida dentro do programa “Saúde Comunitaria” e que se está a desenvolver por diferentes aldeas da comarca.
A dependencia e a discapacidade son termos que normalmente confundimos. Cando falamos de dependencia falamos da falta da autonomía das persoas á hora de desenvolverse nas actividades da vida diaria. Dependendo dos apoios que se precisen na realización destas actividades concédese un grao de dependencia para que as persoas avaliadas e a súa rede de apoio conten cuns servizos ou prestacións que manteñan as persoas ca mellor calidade de vida posible: servizo de axuda no fogar, centros de día, prestacións económicas para o coidado da persoa por parte da familia ou servizos privados, etc.
A discapacidade, con todo, é unha condición que manifesta unha dificultade ou obstaculiza a participación plena e efectiva na comunidade ou contexto persoal da persoa debido a limitacións físicas, mentais, intelectuais e/ou a longo prazo. A discapacidade NON sempre vai vinculada a dependencia: unha persoa con esta condición tamén pode ser independente no seu día a día e autónoma na toma das súas decisións, dependerá da porcentaxe de discapacidade que lle outorgue o equipo de avaliación. Os servizos e prestacións tralo recoñecemento dun grao de discapacidade son: cobertura de ata o 100% de prestacións que inclúen tratamentos médicos, próteses ou apoios educativos; facilitar o tránsito cos coches (reserva prazas aparcamentos); acceso a prazas de emprego; dereito a atención preferente, etc.
Por último, e debido á demanda da comunidade rural que participa nas actividades do CDR, Natalia explicounos que é o documento de instrucións previas. Este documento que comeza a coller relevancia e que impulsa a toma de decisións das persoas sobre a súa vida, permítenos manifestar de forma libre e anticipada os nosos desexos sobre os coidados e tratamentos que puideramos precisar no futuro e o destino final do noso corpo para que así a nosa vontade sexa respectada en todo momento, incluso nos momentos nos que xa non podamos expresala persoalmente. O único requisito para poder facelo é ser maior de idade e ter conservadas as facultades cognitivas que permiten expresar de forma consciente e por vontade propia un desexo ou necesidade.

O próximo xoves 13 de xuño repetiremos a experiencia pero esta vez ca fisioterapeuta Isabel Díaz no obradoiro “Mecánica corporal, prevención de lesións” onde se tratarán temas tan interesantes como o coidado das costas e do solo pelviano e os beneficios do exercicio ao longo da vida. Animámosvos a participar de forma activa!
E por suposto, se queredes tratar algún tema do que aínda non falamos, contactade con nós para poder desenvolvelo!

Esta actividade está enmarcada no programa ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias