Noticias
© RGE (Nova Escola Galega) | 06/06/2024 | RGE (Nova Escola Galega)
O CDR O Viso no número 88 da Revista Galega de Educación sobre a Interxeracionalidade
06/06/2024
Estamos no número 88 da Revista Galega de Educación (RGE) sobre a Interxeracionalidade; un monográfico con reflexións e achegas, que visibiliza proxectos que procuran o encontro entre persoas de distintas idades e promoven a relación entre elas. Como moi ben reflicte a RGE é un proceso de relación e de retroalimentación constantes facilitando a cohesión social e o desenvolvemento persoal e comunitario.
O Centro de día Atendo e o Colexio Lar (Mos), Betanzos Radio Interxeracional, as Xornadas de Cabreiros, Fálame da emigración (Afundación, Espazos+60), Follas de vida ( Centro de maiores San Amaro) e mesmo o LIXG: avoas e avós, o elo co pasado, aparecen neste exemplar xunto co Pobo escola (CDR O Viso): A comunidade como potenciadora da interxeracionalidade. Moitísimas grazas. https://rge.gal/paper/o-pobo-escola-cdr-o-viso-a-comunidade-como-potenciadora-da-interxeracionalidade/
A RGE defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ó profesorado e, en xeral, ás educadoras/es e técnicas/os da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ó servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.
A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. Dinámicas empresariais que se sobrepuxeron á Casa editorial imposibilitaron en 1999 a continuidade do proceso de elaboración da publicación a través de E. Xerais. Existindo unha preocupación en Nova Escola Galega por promover esta publicación, finalmente foi posible reiniciala a finais de 2005, como iniciativa por enteiro xestionada desde a Asociación.
Nova Escola Galega. movemento de renovación pedagóxica, aparece como asociación en 1983 agrupando a profesionais da educación, presentes en todos os dominios da formación, como tamén no mundo sindical, no da creación e edición de documentos didácticos, na acción cultural no campo da administración local, no movemento democrático dos pais e nais de familia e no da investigación pedagóxica. Facíao no contexto de recuperación dos dereitos e liberdades democráticas por parte da sociedade galega e, así mesmo, da súa identidade cultural e da lingua propia, e como continuación de experiencias pedagóxicas pasadas, algunhas delas nacidas nos pasados anos setenta (como o Preescolar na Casa).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias