Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/06/2024 | Areeiras 7

De excursión polas areeiras da Limia

05/06/2024

Neste 5 de xuño (aquel día comezou a emblemática Conferencia de Estocolmo, que foi a reunión onde por primeira vez na historia debateuse sobre o coidado ao planeta e o desenvolvemento sostible), Día Mundial do Medio Ambiente, facémonos eco desta recente actividade: O pasado mércores 29 de maio, un grupo formado polos nosos queridos maiores do Centro de Día e Vivenda Comunitaria en Lodoselo acompañados dos seus profesionais de referencia e alumnado en prácticas, participaron nunha novidosa excursión polas areeiras da Limia.
O encargado de guiarnos durante a actividade foi o noso educador social Alberto que é todo un experto sobre a historia da contorna, as explotacións da zona, e a fauna e flora que envolven este recanto da Limia con tanto encanto. Ademais, para moitos dos nosos maiores era un lugar totalmente descoñecido, ó que acudían por primeira vez.
Este tipo de saídas promovidas polos programas Aldeas Activas e Capacidade Inclusiva, resultan de vital importancia para fomentar as actividades de ocio e lecer nas persoas maiores sen dar importancia á idade ou ás capacidades individuais de cada individuo.  Desta maneira, podemos ver como é posible promover novas accións que impulsen a participación social e as alianzas dos nosos maiores.

- Esta actividade está enmarcada no programa ALDEAS ACTIVAS financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.
- Esta actividade está enmarcada no programa CAPACIDADE INCLUSIVA financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias