Noticias
© CDR O Viso | 28/05/2024 | Camión matadero
O matadoiro móbil da Xunta en Lodoselo
28/05/2024
Este luns, 27 de maio, tivemos o matadoiro móbil da Xunta en Lodoselo. A pequena explotación de ovino do CDR O Viso vese así favorecida ao poder sacrificar aquí, de maneira legal, os animais que criamos para o noso autoconsumo. Xa tentamos encargar antes esta prestación, que leva operativa case todo este ano, pero non foi posible ata hoxe.
O principal obxectivo deste servizo é mellorar a xestión e a rendibilidade de moitas explotacións gandeiras de pequeno tamaño de zonas afastadas de grandes núcleos de poboación e situadas a distancia dos matadoiros convencionais.
Esta unidade facilita o sacrificio de cordeiros, ovellas, cabras e porcos optimizando a xestión destas explotacións ao reducir os custos de transporte do gando e mellorando ao tempo a calidade da carne e o benestar animal.
Os prezos do servizo oscilan entre os 10 euros para animais ovinos e caprinos menores dun ano (contabilizando só o sacrificio e a preparación da canle) ata os 50 euros para os porcos, no caso de incluír tamén o almacenamento e transporte a punto de distribución.
Desde o ano 2012 temos dada de alta unha explotación ovina; trátase da ovella de raza galega e algunha mestiza. Grazas ao Inorde e ao Instituto do Campo puidemos empezar con cinco e grazas ás veciñas e veciños, que nos deixan terreos nos que viven e outros nos que as pastoreamos. Son un elemento máis do Poboo escola con todas as achegas que supoñen a maiores das educativas. Porque o pastoreo ademais dun oficio antiquísimo está considerado unha profesión de futuro. Jaime Izquierdo, xeólogo e escritor asturiano defensor dos valores e a conservación da vida no medio rural, un dos que recibiu o Premio “Bo e Xeneroso 2024” da Fundación Eduardo Pondal contábanos recentemente nun relatorio que o dito castelán antigo:
Catro secretos ten a ovella:
un no ventre,
outro nas tetas,
outro no cu
e outro na pelica.
Poderíase actualizar e quedaría:
Catro tarefas que a ovella fai:
prevén o incendio,
ábrenos a paisaxe,
retén o carbono,
dános abrigo, queixo e carne.
O do abrigo, o da la é outro asunto porque xa está a ser un problema. Hai uns anos regalabámola; agora xa non a levan nin así. A semana pasada tivemos por aquí a un grupo de esquiladores polacos que levan anos vindo realizar esta tarefa cunha gran profesionalidade. Deixaron ás ovellas e ao carneiro preparadas para soportar mellor estas temperaturas cada vez máis altas, máis extremas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias