Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 27/05/2024 | Concilia Verán 1. 2024

Concilia rural en Lodoselo

Un verán inesquecible na mellor contorna rural

27/05/2024

Anotade na axenda! É hora de aventurarse na natureza e mergullarse nunha experiencia única de aprendizaxe e convivencia. O Concilia rural de Lodoselo abre as súas portas unha vez máis para ofrecer ás nenas e ós nenos a oportunidade de explorar, aprender e compartir nun entorno enriquecedor.
Baixo o lema “aprender a ensinar para vivir e compartir”, o Concilia de verán de Lodoselo promove valores coma o respecto, a colaboración e o amor polos animais, as plantas e as persoas. Fomentamos un ambiente de apoio e cariño para que as pequenas/os se sintan parte dunha gran familia, onde a empatía e o respecto polos tempos e ritmos propios de cada nena e neno son a nosa máxima lei.
Durante os meses de xullo e agosto, terán a oportunidade de participar en actividades ó aire libre, talleres e momentos de convivencia que fomentarán o desenvolvemento persoal e a conexión co entorno.
A preinscripción farase a través do seguinte enlace: https://forms.gle/YCdxn2Umdwtc32qr8 , dende o día 27 de maio ata o 1 de xuño, ambos incluídos.
Unha vez remate o prazo da preinscripción, avisarémosvos para que pasedes pola oficina do CDR O Viso (sita na Calle Ladeira, N21, Baixo) para formalizar a matrícula do Concilia de verán, dende o 4 ata o 10 de xuño, ambos días incluídos.
Sempre fieis ó noso lema “COIDARME, COIDARTE, COIDARNOS”, esperámosvos un ano máis para pasar un verán inesquecible!!
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias