Noticias
© CDR O Viso | 26/05/2024 | CDR O Viso Asamblea COCEDER
Participamos na Asemblea Xeral de COCEDER en Hospital de Órbigo
E celebramos o 50 aniversario dalgúns dos nosos Centros
26/05/2024
Os pasados 23 e 24 de maio participamos na Asemblea Xeral anual de COCEDER xunto a todos os CDR que conformamos a Confederación.
Tamén participaron dous novos centros das provincias de Cádiz e Cuenca. A tarde do primeiro día estivo dedicada a coñecer as instalacións, o traballo e a historia do CDR que nos acolleu, El Villar. Ademais tivemos unha sesión que preparara a comisión de Cohesión e fortalecemento; un tempo de reflexión e posta en común de cuestións que nos axudan a coñecernos mellor, enraizar na nosa identidade e compartir os nosos anhelos.
Da xornada do venres, con moitos puntos na orde do día, facer mención á votación da renovación da Xunta Directiva; tamén que se aprobou a memoria de actividades de 2023, a memoria económica e contas anuais, así como o orzamento económico para 2024. Ou que se debateu a modificación do regulamento de réxime interior ou a entrada dos dous novos centros que xa levaban un tempo de rodaxe connosco, entre outras cuestións.
Como sempre moi contentos de compartir este tempo e agradecidos; toca ademais felicitar ao anfitrión Centro de Desenvolvemento Rural El Villar pola súa acollida, a súa traxectoria; son 4 os os centros que celebraban este ano os 50 anos!
Algúns naceron como Colexios Familiares Rurais na década dos 60/70 como resposta á que dicían “tráxica e dramática situación do medio rural”; estudouse e adaptouse a fórmula francesa, Maisons Familiales Rurais (Casas Familiares Rurais). Temos constancia do funcionamento de ata 32 Colexios en 13 provincias; tamén na nosa e na nosa comarca na que funcionaron un tempo tanto en Xinzo como en Vilar de Barrio. Estamos a tentar recoller algúns testemuños de persoas que formaron parte deles.
Tres trazos principais constituían a orixinalidade daquela experiencia: a alternancia (o alumnado estaba unha semana na escola e dúas na súa propia casa co caderno de explotación como instrumento básico), a familia e a súa participación (porque é o Colexio o que axuda aos pais para educar aos seus fillos) e o equipo (que viven en internado co alumnado, ensinan onde viven e visitan e asesoran o traballo en casa).
Colexios que non eran do Estado, aínda que si recoñecidos oficialmente, naquel momento como Centros Profesionais de Primeiro Grao; tampouco da Igrexa aínda que neles por fidelidade ás familias tentábase dar unha educación cristiá; nin de ningún grupo capitalista ou señor particular. Eran das nais e pais do alumnado (que asociados xuridicamente eran os responsables plenos dos Colexios) e do equipo de profesorado... algo así como unha cooperativa de ensino.
Neste caso coñecemos o Colexio Sierra Pambley e o CDR O Villar; segue formando parte da Federación de Colexios Familiares Rurais e esta tamén está integrada en COCEDER. Noutros casos o Colexio Familiar Rural xa non existe pero foi dalgunha maneira o xerme dalgún CDR (como é o caso do CDR Almazor na provincia de Ávila). A estes dous Centros e ao da Safor (Valencia) e L’Olivera (Lleida) fixémoslle un recoñecemento especial: este ano celebran o seu 50 aniversario. Parabéns!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias