Noticias
© CDR O Viso | 17/05/2024 | Pobo escola 4
O Pobo escola, Lodoselo, unha elección para mil escolares
A educación como compromiso co territorio
17/05/2024
Unha das actividades máis coñecidas e destacadas do CDR O Viso está en plena efervescencia como cada primavera, dende a década dos 90, e será aula para mil escolares da provincia.
Medio cento de centros educativos escolleron Lodoselo neste 2024 como unha das súas actividades extra deste curso. A fornada de pan tradicional segue sendo a estrela dunha xornada que percorre a riqueza natural, animal, ambiental e social dunha aldea que combate o reto demográfico con iniciativas atractivas para a poboación.
Ademais, os nenos e nenas da provincia atenden por un día ó rabaño de ovella galega ou ó galiñeiro do CDR antes dunha inmersión polo afamado xardín sensitivo que estimula os cinco sentidos con diferentes texturas, cores, olores, sons e sabores.
Co paseo no carro da nosa burriña Terra, á maneira dunha terapia que nos mergulla e conecta coa contorna, facémonos conscientes da nosa saúde e tratamos de aumentar a sensación de felicidade e calma. Á maneira dos baños de natureza que proporcionan beneficios físicos, psicolóxicos e emocionais que melloran a nosa calidade de vida.
Cada escolar sae do Pobo Escola cunha árbore autóctona que transplantar a un espazo da súa elección despois de estar no recuncho do Carballo con botas e escoitar o conto ecoloxista e pacifista do noso amigo Anxo Moure. E sobre todo coa esperanza de que esta conexión co noso medio rural, enraíce tamén na identidade da cada crianza e do profesorado, sabedores de que a educación é tamén isto, así a vivimos, como compromiso co territorio.
Esta actividade está enmarcada no programa O Noso Espazo financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades

Arquivada en:
Infórmate > Noticias