Noticias
© CDR O Viso | 17/05/2024 | Horta de Inés 3
A horta da Inés
17/05/2024 | Xinzo de Limia
Inés é unha muller de 74 anos que regresou a Xinzo, ao seu piso, despois de estar 50 anos na migración en Alemaña. Un dos seus desexos máis grandes cando volveu era ter unha horta. En principio tiña pensado que fose no seu pobo natal, arranxar a súa antiga horta e cultivar alí algunhas hortalizas pero por varios problemas médicos graves non puido realizalo.
A principios deste ano, con Inés recuperada de todas esas complicacións médicas comezamos dende Biocoidados a materializar o seu desexo. Decantámonos por poñer unha horta elevada na súa terraza, xa que por un lado adaptábase ás súas doenzas físicas e por outro lado as condicións de sol e resgardo eran óptimas para poñela.
En febreiro, logo de ver varios tipos de hortas elevadas con Inés procedemos á compra e montaxe desta, coa axuda de varias compañeiras do CDR. Buscamos o sitio idóneo na terraza e trouxemos a terra dunha horta persoal dun veciño e tamén compramos unha parte abonada.
No mes de abril, e coa chegada do bo tempo, saímos a comprar as hortalizas que Inés quería plantar na horta: unhas pementeiras, unhas tomateiras, unhas leitugas e uns pés de amorodos. Tivemos a sorte de que o persoal do establecemento agasallounos cuns pés de cebolas que engadimos moi agradecidas á horta.
Puxémonos mans á obra e plantamos todo despois de informarnos un pouco de como facelo correctamente. Pasamos un tempiño relaxadas e Inés radiante e moi contenta coa súa nova horta, a cal a partir deste día vai ter que coidar a diario e ver como medra. Seguiremos atentas as novidades da horta, as medras, os froitos...
Esta acción enmárcanse no proxecto #BIOCOIDADOS: Novos modelos de atención prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias