Accesibilidad

Noticias 

Afectividade ambiental

No día de S. Cidre, no día do patrón da xente do campo

15/05/2024

No día de S. Cidre, no día do patrón da xente do campo, velaquí unha achega que nos fixo o profesor Kylyam Bisquert.  Participamos, hai uns días, nunha saída que realizaron pola Limia o alumnado que escolleu a optativa de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade, do grao de Educación Social da USC e cos profesores Pablo Meira e  Kylyan Bisquert. Ese día chamoume a atención que empregaran esta expresión: a da afectividade ambiental. E enviounos algo para ler sobre isto.
A crise ambiental é unha crise da civilización; é unha crise social derivada da maneira de habitar. Porque non habitamos, ocupamos, explotamos, vampirizamos.  Habitar leva axustar os sentidos coa contorna e  saber que é o adecuado e que non para o territorio. Desenvolver a atención, a escoita admirativa e a observación profunda; adestrar o noso poder de empatizar.
É tamén unha crise de sentir porque ten que ver coa nosa sensibilidade, coas percepcións, emocións, desexos.
Esquecer o vivir en harmonía co medio, coa contorna é olvidarnos do que realmente somos. Non nos podemos entender sen a natureza, sen aprender formando parte do territorio e respectando. O día do S. Cidre é unha data sinalada para lembrarnos deste noso empeño na procura dunha nova ruralidade. 
No enlace máis información:
https://drive.google.com/file/d/1A6F_qTQRJOhK8lmWvH7bWvpHniI8ATBV/view?fbclid=IwAR0-wTuVLI6vVA2yyRpZqvgCezz1E7rwYV5f6RLu7lXOyXtra73gagwzUQE

Arquivada en:
Infórmate > Noticias