Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 12/05/2024 | Cos pés na terra 2

Cos pés na terra

E unha “ética do traballo”

12/05/2024

É un programa da TVG que reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas. En outubro de 2022 puxéronse en contacto con nós. Sendo que é un programa que nos gusta pareceunos que eran historias persoais e que o CDR é máis unha historia colectiva. Así e todo decidiron vir gravar parte da nosa actividade, sobre todo a que ten que ver co centro Lodoselo e a Vivenda Comunitaria “ A túa outra casa”. Foi en novembro de 2022. Que despois eles adaptarían ó esquema que teñen na produción de cada programa.
Nós xa non contabamos case con saír porque o tempo foi pasando e sorpresa! Un ano e medio despois velaquí que nos avisan que se ía emitir o 7 de maio. Neste mes que iniciamos co día de traballo ó que dalgún xeito rende homenaxe este programa.
E como necesitamos comprender aquilo que nos afecta, escribimos para coñecer, para tratar de entender. Reflexionamos e compartimos para alentar o diálogo. Sabendo, así nos avisan, que non é doada unha reflexión atinada, se non hai certa distancia. E quen isto escribe non ten ningunha. Está coas mans e os pés na terra.
Admito a maiores que son fillo dunha educación que xunguía o traballo  con moitos valores e mesmo co beneficio moral, a autorrealización, o fortalecemento do carácter. Porque somos o que facemos. Dalgún xeito en todo isto está unha “ética do traballo”.
Entendo que hoxe xa non é así; ser vago xa non é un delito. Estar de baixa polo morro e coa conivencia de quen o sabe, mesmo da chulería de oufanarse desta situación... é de listos! Desprézase o traballo; o modelo agora é outro: é a especulación, o finximento. Parasitar.
Temporada 14. Emitido o 7 de maio de 2024
Toño, María e Sarai
Visitamos con Toño o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. Pasamos a xornada con María, unha floricultora que nos explica como ter unha bonita colleita floral na primavera. E coñecemos a Sarai, unha gandeira nova que tanto moxe, como alimenta, como lles dá calor aos animais.
https://www.agalega.gal/videos/detail/128331-cos-pes-na-terra-capitulo-185

Arquivada en:
Infórmate > Noticias