Noticias
© CDR O Viso | 09/05/2024 | Visita ONCE 1
Visitas con sentido
Un equipo da ONCE no noso xardín sensorial. E da USC
08/05/2024 | Lodoselo
A percepción implica interpretar e comprender a información que recibimos a través dos cinco sentidos (vista, gusto, oído, tacto e olfacto). Non é o mesmo oír que “escoitar”, porque quen escoita “fai seu” o son, dálle un sentido e mesmo un ritmo. Non é o mesmo ver que “mirar”, porque quen mira “centra a súa atención” no que ten diante. Non é o mesmo saber que un alimento é doce que “saborear co padal” un alimento que te leva á túa infancia…
No CDR O Viso damos moita importancia á integración da persoa na súa contorna, e é aquí onde fai catro anos Pili e Eloy comezaron a traballar na creación do Xardín Sensorial en Lodoselo… un espazo moi pensado para SENTIR COS SENTIDOS, un percorrido coa posibilidade de crear sons con diferentes materiais, de percibir cheiros con moitas plantas aromáticas, cunha mesa de tacto, unha casa dos insectos relacionada coa horta na que está, un circuíto para bicar cos pés a terra, a madeira… materiais con diferentes texturas e plantas con froitas para saborear…. Falar do noso Xardín Sensorial é falar dun espazo vivo, onde a persoa que vén visitalo é libre para SENTIR COS seus SENTIDOS.
O mércores, 8 de maio, tivemos a programada visita dun equipo da ONCE para coñecer as nosas instalacións, valorar a accesibilidade do Xardín Sensorial e darnos pautas de mellora para que todas as persoas poidan participar coas mesmas oportunidades na vivencia deste espazo tan especial para nós. Corina Alfonso (Promotora de Braille en Galicia) e Penny a súa cadela-guía, Julia Fernández-Nieto (Técnica de Rehabilitación) e David Cejudo (Director da ONCE-Ourense) fixeron todo o percorrido coa guía e explicacións de Pili e Eloy, porque… quen mellor pode explicar unha creación feita desde o SENTIDO?
Finalizada a visita, Corina, Julia e David dixéronnos as súas impresións e agora comeza o intercambio de coñecementos coa ONCE para facer do Xardín Sensorial un espazo máis accesible.
Neste día creamos unha alianza, coñecemos como “mira” Corina o noso Xardín Sensorial… por este motivo hoxe tivemos unha Visita con Sentido.

Esta actividade está enmarcada no programa Capacidade Inclusiva financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.
Este mesmo espazo acolleu pola tarde ás persoas que participamos nunha saída que realizaron pola Limia alumnado e profesorado da USC. Alumnado que escolleu a optativa de Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade, do grao de Educación Social. Pablo Meira e Kylyan Bisquert dous dos tres profesores que imparten esta materia promoveron esta visita que tivo tres paradas na nosa comarca. En Poedo (Baños de Molgas) onde contamos con Serxio como guía; en Lodoselo (Sarreaus), no CDR O Viso, con Camilo e Toño e en Vilar de Gomareite (Vilar de Barrio) co Samuel.
Compartimos os nosos “saberes prácticos”, inseridos na contorna que habitamos; as interpretacións que realizamos das nosas situacións vitais. Momentos para reconstruír o coñecemento, reflexionar sobre como vivimos e cales son os nosos soños, o valor de servirnos do noso propio entendemento.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias