Noticias
© CDR O Viso | 04/05/2024 | Museo da Limia 2
Fortalecendo o sentido de comunidade
Excursión ao Museo Etnográfico da Limia
04/05/2024
O pasado luns 29 de abril, un grupiño de persoas participantes no proxecto de Biocoidados realizaron unha excursión ao Museo Etnográfico da Limia, sito en Vilar de Santos. Dito museo inaugurouse no ano 1992 no que fora a escola unitaria, cunha colección de pezas recollidas polo profesorado e alumnado do instituto de Xinzo de Limia.
Algúns anos despois, o Concello de Vilar de Santos, tras conseguir a cesión da Reitoral, decide rehabilitala para dedicar dito espazo á Memoria dos Limiaos. No ano 1996 o Museo reabre as portas, pasando a ser un lugar de encontro para a comunidade.
A comunidade é o produto da acción grupal, acción que permite a realización de obxectivos comúns proporcionando un sentido de unión simbólica e concedendo gran importancia a existencia de redes sociais ou de interacción social.
O incremento do individualismo que estamos a vivir na sociedade actual formula desafíos significativos para a cohesión social e o sentido de comunidade. O individuo comeza a desvincularse da sociedade e a crer na súa autosuficiencia e independencia dos demais, deixando a un lado a comunidade e o sentido de pertenza a ela. Por iso, este tipo de iniciativas impulsadas ao amparo do Proxecto de Biocoidados se tornan tan importantes.
O obxectivo perseguido con estas saídas é precisamente a creación de vínculos afectivos e de pertenza a un grupo que compartía intereses similares e que agora pode presumir de gozar dese sentido de comunidade tan importante na actualidade.

Esta acción enmárcanse no proxecto #BIOCOIDADOS: Novos modelos de atención prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)
Arquivada en:
Infórmate > Noticias