Noticias
© CDR O Viso | 03/05/2024 | Parada de R. 1
Tecendo fíos
Impulsando o desenvolvemento dos proxectos de vida das persoas salientando o valor da comunidade
03/05/2024
Neste mes de abril que rematou tivemos moi boas novas; hoxe contámosvos dúas delas moi orgullosos ó ver como pouco a pouco as persoas imos conseguindo moito daquilo que desexamos e polo que traballamos.
Unha conta a historia de dúas participantes de Biocoidados, dúas persoas completamente diferentes que polos seus gustos e afeccións acaban coñecéndose e compartindo momentos. O que a Concha e a Lourdes lle gusta é facer traballos manuais, da igual o que e como.
O caso é aproveitar materiais que para moitas persoas sería lixo e elas son capaces de darlle unha segunda vida. Concha é moi "manitas" e de calquera cousa nos fai unha cesta, un bolso, unha boneca... e nesta ocasión, tócalle ser profesora, xa que a Lourdes tamén lle gustan estas cousiñas e non quixo perder a oportunidade de aprender e compartir momentos as dúas xuntas.
Nestes encontros que se están levando a cabo, acadamos un dos grandes obxectivos de Biocoidados: impulsar o desenvolvemento dos proxectos de vida das persoas poñendo en valor a comunidade.

A outra lévanos a Parada de Ribeira que segue a ser unha das nosas aldeas cunha forte unión veciñal mantida no tempo. A pesar de que o número de veciños/as foi a menos, a súa comunidade segue viva grazas a que o sentimento de pertenza transmítese xeración tras xeración.
Un elemento chave neste desenvolvemento comunitario é o espazo do teleclub, que ata fai pouco non estaba acondicionado, pero que serve de lugar de encontro desde que se fixo. Estes espazos construídos entre a década dos 60 e 70 serviron a moitas aldeas da nosa contorna como puntos de activación comunitaria e asociacionismo.
Recentemente, moitas das veciñas pertencentes ó colectivo da terceira idade demandaban un taller de memoria, posto que a maioría nun puideron estudar de novas e desfrutan con este tipo de actividades, as que tamén lle serven para seguir en contacto unhas coas outras. Tecendo fíos conseguiuse poñer en marcha o obradoiro.
Estas accións enmárcanse no proxecto #BIOCOIDADOS: Novos modelos de atención prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)

Arquivada en:
Infórmate > Noticias