Noticias
© CDR O Viso | 16/04/2024 | BREGAL - mobilidade para a xuventude rural 1
A semana da mobilidade europea
BREGAL - creando oportunidades de mobilidade para a xuventude rural.
16/04/2024
O pasado venres, día 12 de abril, celebrouse na Casa da Cultura (Xinzo) unha charla informativa sobre a mobilidade europea para a mocidade limiá organizada polo CDR O Viso. Foi impartida pola Asociación Cultural Bregal, concretamente por Óscar e Alessia, dous dos catro fundadores da ONG nada no 2021, para promocionar experiencias de voluntariado e actividades de educación non formal no marco do programa Erasmus+.
Aproveitaron a oportunidade para darse a coñecer e presentar os seus catro programas principais. Resolveron as dúbidas xurdidas e tenderon a man para acompañar á mocidade que estea interesada en formar parte desta experiencia.
Esa tarde, un total de 30 mozas e mozos de diferentes idades acudiron a esta charla con entusiasmo para ser informadas, acollendo con ilusión e expectativas futuras aquelo que lle contaron.
Unha vez rematou a charla, Óscar e Alessia conversaron sobre a súa experiencia persoal e puideron falar con máis calma e proximidade cos rapaces e rapazas que se mostraron máis interesados nalgún dos programas ofertados.
Esperamos que grazas a esta xuntanza sexan moitas mozas e mozos as que se animen a vivir outro tipo de experiencias sociais e culturais, levando así consigo a súa identidade rural.
Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias