Noticias
© CDR O Viso | 15/04/2024 | Xiana FCT 1
Xiana alcanza unha nova etapa: Rumbo ao mundo laboral!
Comeza a Formación Práctica no Centro de Traballo (FCT)
15/04/2024 | Lodoselo
Pechar etapas na vida dunha persoa implica terminar un percorrido en ocasions doado, feliz; noutras, complexo ou que, simplemente, pasa nun chisco, case sen darnos conta.
Queremos compartir o peche de etapa dunha persoa moi especial para nós. Xiana, anos estudando, cumprindo con puntualidade nos horarios establecidos, superando dificultades, recibindo cun sorriso as boas palabras do profesorado e seguindo as instruccións, sobre todo de Xurxo, o seu profesor de FP Básica de Cociña e Restauración no IES Lagoa de Antela. Salientar, como non, o apoio das comunidades educativas nos CEIP dos que formou parte.
Agora termina a etapa de formación académica e comeza a etapa de Formación Práctica no Centro de Traballo (FCT), e aquí é onde o equipo do CDR O Viso só temos palabras de agradecemento hacia Xiana e Xurso por confiar en nós para facer a FCT no Centro de Lodoselo. As súas tarefas desenvolveranse no entorno do comedor coa montaxe das mesas para uns 30 comensais, coa realización de preelaboracions na cociña para as ceas das persoas da vivienda Comunitaria "A túa outra Casa" e apoiando na organización dos alimentos nas cámaras frigoríficas e almacén.
Fin da etapa formativa no IES, inicio de etapa de prácticas nun entorno laboral e co horizonte na preparacion para o emprego.
Durante o periodo de prácticas o equipo de profesionais do proxecto Biocuidados realizarán as adaptacions nas tarefas e darán o apoio especializado para realizar a FCT.
Todo un agasallo para nós promover a aprendizaxe no longo da vida e facilitar os apoios precisos para que unha persoa con discapacidade poida cumprir algúns dos obxectivos da súa vida.
Esta acción enmárcase no proxecto #BIOCOIDADOS: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU, proxecto piloto promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER)
Arquivada en:
Infórmate > Noticias