Accesibilidad

Noticias 

© Vivaces | 10/04/2024 | Vivaces

Colaboramos co Proxecto Vivaces

Para definir indicadores de “vivacidade” dos territorios rurais

10/04/2024

Vivaces é a alianza multisectorial que reivindica o potencial do ámbito rural en España. Din que queren impulsar a vertebración do territorio, e fomentar a igualdade de oportunidades contribuíndo á sustentabilidade da contorna.
Está composta por unha decena de empresas -Amazon, Bayer, BlaBlaCar, Booking.com, SiteGround, Nickel, Grünenthal, Danone, Harmon e a axencia EFE como socio de comunicación-. Para contribuír a xerar un clima de opinión positivo cara os pobos, impulsar proxectos que favorezan a fixación de poboación e a vertebración territorial e visibilizar as oportunidades do medio rural.
Estes son os seus tres eixos de traballo:
1. Achegar coñecemento sobre a vivacidade do territorio.  Identificar e poñerlle cifras ás principais fortalezas do medio rural, ás razóns que nos fan crer nas oportunidades que existen nos pobos.
2. Impulsar a innovación en colaboración co propio territorio. Contan cun concurso de proxectos dirixido a quen ten unha idea con impacto social e ambiental e desenvólvena en pobos con menos de 10.000 habitantes.
3. Sensibilizar sobre o potencial do medio rural. Teñen un podcast que se chama A España Medio Chea. Conta con máis de 1.200 subscritores e está dispoñible nas principais plataformas de podcasting. Nel, xa deron voz a máis de 100 proxectos innovadores do medio rural. Cada episodio é unha historia.
Vivaces puxo en marcha en abril de 2023 un laboratorio de ideas dirixido a identificar e cuantificar as principais áreas de potencial do medio rural. Para iso, 16 expertos procedentes de diferentes universidades de todo o país traballan baixo a coordinación da Asociación Española de Economía Agroalimentaria.
Ana Isabel García Arias, titular de Universidade no Dpto. de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, dentro da área de Economía, Socioloxía e Política Agraria, á que coñecemos e coa que estivemos no Proxecto Sherpa foi a que se puxo en contacto connosco. Pediunos “colaboración para unha entrevista, que non é sinxela, pero que resultará útil para definir un indicador de “vivacidade” de territorios rurais. Utilízase unha metodoloxía un pouco curiosa, a metodoloxía Q, que traballa a partir de ordenar preferencias sobre distintas afirmacións previas.
Pois ben, a entrevista/cuestionario realizámolo na xornada do martes 9 de abril.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias