Noticias
© CDR O Viso | 27/03/2024 | Cultura Dixital Trasmiras
A Cultura Dixital no Rural
Moito máis que saber andar no WhatsApp
27/03/2024 | Trasmiras
Este mércores, 27 de marzo, festexamos o peche da formación que estivemos a realizar en Trasmiras sobre os coñecementos básicos dixitais (Autonomía Dixital no Rural I). Foron tres meses de moitas aprendizaxes e moita cultura dixital, así como de coñecernos e seguir tecendo rede.
No CDR O Viso, a cultura dixital no rural vai moito máis alá de aprender a utilizar o Whatsapp, facer unha videochamada ou ver un vídeo no Youtube. Ó longo destes meses, tentamos darlle a volta e aprendermos as cuestións máis prácticas do día a día do noso alumnado, así como resolver as súas dúbidas e acompañalos en tarefas tan útiles como pedir unha cita no médico. Algúns ata compraron o seu primeiro móbil Android.
Ademais, paralelamente a toda esta aprendizaxe, levamos a unión do grupo, as conversas e as risas de cada un dos días nos que nos xuntabamos. Foi un auténtico pracer.
Ademais, paralelamente a toda esta aprendizaxe, levamos a unión do grupo, as conversas e as risas de cada un dos días nos que nos xuntabamos. Foi un auténtico pracer.
Esta actividade enmárcase no marco da Orde de subvención do 27 de xuño (DOG Núm.130 de 10 de xullo), pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS631A).
Arquivada en:
Infórmate > Noticias