Noticias
© CDR O Viso | 21/03/2024 | Xornadas Traballo Social Ourense 1
Participación do CDR “O VISO” nas xornadas conmemorativas do Traballo Social
21/03/2024 | Ourense
Na xornada do luns, 18 de marzo, dous membros do equipo do CDR “O VISO”, Andrés Bobe (Técnico Ambiental) e Joel Gómez (Traballador Social) participaron na I Xornada de Traballo Social Eco-Social e que levaban por título “Bo Vivir: un cambio transformador para un mundo compartido”. Esta xornada celebrouse en conmemoración polo día do Traballo Social, que se celebra o día 19 de Marzo.
As xornadas dirixíronse a analizar a crise sistémica que causa graves impactos en toda forma de vida e que evidencian a correlación existente entre xustiza social e ambiental. Analizáronse e propuxéronse solucións a algúns dos retos aos que o Traballo Social deberá abordar de forma urxente como é a crise climática sen precedentes que estamos a vivir. Falouse de modelos de Traballo Social innovadores, como o modelo Ecosocial e Ecofeminista que se enfoca no traballo coa comunidade dende unha perspectiva holística e ecolóxica, impulsados por un compromiso de participación e apoio ás diversas comunidades dando máxima importancia ás relacións de reciprocidade que se establecen entre os seus membros para promover os dereitos humanos, económicos, ambientais e a xustiza social.
Tratouse tamén do proxecto da empresa Altri, os perigos que supón tanto para o medioambiente como para a vida.
Tamén se falou doutros temas como as dinámicas do sistema capitalista neoliberal que precisa do aumento constante das desigualdades sociais e da espoliación dos recursos naturais para poder subsistir ou as boas prácticas dos CDR a nivel local no ámbito social, ambiental e de fomento de novos modelos de coidados no entorno rural.
Os compañeiros do CDR ofreceron a visión do traballo dende a Entidade en relación ao tema abordado facendo un repaso do que consideramos boas prácticas do noso traballo no medio rural. Deron unha visión global dos espazos e dos programas que levamos a cabo dende o CDR “O Viso” facendo fincapé no traballo da área social, nos novos modelos de coidados e o traballo dende a área ambiental.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias