Noticias
© COCEDER | 29/02/2024 | Cartel Congreso de ed. rural
Por unha educación rural para o repoboamento
Da utopía realizable á utopía irrenunciable
29/02/2024 | Cortes de la Frontera (Málaga)
A Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) organiza o Congreso “ Por unha educación rural para a repoboación” os días 4, 5 e 6 de abril en Cortes de la Frontera, Serra de Ronda ( Málaga), no que participamos; en colaboración co Grupo de Investigación Profesorado, Comunicación e Investigación Educativa da Universidade de Málaga (PROCIE-UMA); a Universidade Rural Paulo Freire- CDR Montaña e Desarrollo; os colectivos de Acción Social (CAS); o Instituto Paulo Freire e o Concello de Cortes de la Frontera.
Un Congreso internacional de educación rural no que a data límite para inscribirse é o día 20 de marzo. Desde a páxina web https://www.educacionrural.coceder.org podes encher o formulario, formalizar a matrícula e ver opcións de aloxamentos.
O comité científico seleccionou 43 comunicacións internacionais (22 proceden de España e o resto de Chile, Brasil, Filipinas, Camerún, Arxentina, Guatemala e Colombia).
Na presentación do mesmo fálase de que a loita contra o despoboamento é tamén unha carreira por dar peso a novos modelos socioeducativos, socioeconómicos e culturais; unha aposta por avanzar cara ‘a conservación cultural da natureza’ que inclúe non só os aspectos naturalistas senón os achegados historicamente pola cultura oral campesiña, a antiga xestora sostible do territorio.
De que a escola rural viuse sometida e relegada a un pensamento único de tipo urbano, de economía de mercado, de relacións mediadas por contextos alleos etc. Expomos, por tanto, a necesidade e a obrigación de restaurar a dignidade histórica neste contexto territorial, social e epistémico, que foi relegado estrutural e culturalmente fronte ao poder hexemónico da megacidade. O mundo occidental moderno está a construírse desde a hexemonía dunha conciencia urbanocéntrica universal lexitimada como a única válida pola política cultural vixente, para a que a educación é un cómplice necesario.
A nosa resposta non pasa pola substitución dun modelo por outro, senón por xerar un espazo novo, de diálogo, colaboración e respecto mutuo, que permita avanzar en igualdade, o conxunto de modelos sociais e culturais, nun proceso de inclusión a partir das necesarias diferenzas particulares. O rural non debe ser unha peza de museo senón unha realidade viva, activa e cambiante.
Con este congreso queremos avanzar nunha proposta que expoña valores esenciais baseados na autocontención: isto é, outras relacións humanas vinculadas coa austeridade, a solidariedade, a igualdade social desde a diferenza, a educación liberadora, o encontro coa natureza, e coa arte alimentaria –agroecología-, a economía de proximidade etc. Quizá estamos ante un xiro copernicano que afecta o mundo íntimo dos hábitos e crenzas arraigadas, un plano que se sitúa principalmente na axiología e a reconsideración da conduta individual e social. Unha viraxe que nos mobiliza radicalmente o noso sentido da vivencia na cotidianeidad desde o profundo.
Como dicía o pedagogo brasileiro Paulo Freire, loito por unha educación que nos aprenda a pensar e non por unha educación que nos ensine a obedecer (…) A educación sempre é unha especie de teoría do coñecemento posta en práctica, é naturalmente política, ten que ver coa pureza, nunca co puritanismo, e é, en si, unha experiencia de beleza (…)

Na web está isto e moita máis información; o programa, a quen vai dirixido, loxística e localización, inscrición… https://educacionrural.coceder.org/index.php?option=com_gantry5&view=custom&Itemid=104
Os CDR estamos a mirar a posibilidade de posibilitar a viaxe cun autobús que levase xente de Asturias, Galicia, Castela - León e Extremadura.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias