Noticias
© CDR O Viso | 28/02/2024 | Cartel FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza
Programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza
Itinerarios integrais contra o despoboamento rural (2024-2029)
28/02/2024 | A Limia
Dende COCEDER e o CDR O Viso estamos iniciando o programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003).
Dende este programa ofrecemos acompañamento persoal, social e laboral co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación, a participación activa e a mellora da empregabilidade das persoas.
Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, para promover a inclusión social das persoas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social, mediante o seu desenvolvemento persoal, social e laboral e polo Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

Para máis información podes contactar con nós no 988 46 15 71 ou achegarte as nosas oficinas na Rúa Ladeira, 21 en Xinzo de Limia.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias