Accesibilidad

Noticias 

© El Camino ESS | 01/02/2024 | El Camino ESS Allariz

Experiencias turísticas sostibles que dinamizan o territorio

Participamos na presentación do Camiño ESS

29/01/2024 | Allariz

O pasado 26 de xaneiro participamos dúas persoas do CDR O Viso na presentación do Camiño ESS en Allariz. Unha xornada moi especial onde ademais de poñernos ao día en todos os avances do proxecto, puidemos comprobar que a través da Economía Social e Solidaria é posible impulsar e revalorizar un turismo alternativo e responsable. Como?  Coa creación de experiencias turísticas sostibles que dinamicen o territorio e contribúan a compensar o impacto que supón o turismo na sociedade. Apuntar que actualmente entre as cinco CCAA xa formamos parte do proxecto máis de 100 iniciativas.
Ademais de compartir a xornada e atoparnos con moi boa xente que coñecemos desde hai moitos anos e que forman parte do equipo técnico do proxecto neste acto participaron nunha mesa redonda: Ana Lorenzo, presidenta de REAS Galicia; María López, Tenente Alcalde e Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio do Concello de Allariz; Eva González do GDR Limia-Arnoia e Nelson Alonso de Carabuñas. Tamén Inmaculada Díaz de Aethnic, a cal impartiu unha formación en liña na que nos presentou un decálogo de boas prácticas no turismo e o importante rol da Economía Solidaria na súa aplicación.
Facilitouse un streaming do acto de presentación a través da canle de Youtube co que máis de 50 persoas estiveron virtualmente. E se non puidestes conectarvos en directo, agora tamén podedes velo aquí https://elcaminoess.us10.list-manage.com/track/click?ou=a22dd01ef8ace67f73279ee26&ide=e7846dá716&e=c184afb152
Agradecer a boa compaña e este marco sempre acolledor que é Allariz; tamén a Noemí de Xeitura (xestión integral do Patrimonio) polo didáctico percorrido guiado co que nos agasallou na mañá do sábado. Seguimos camiñando!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias