Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/01/2024 | Formación interna 1

Formación interna sobre a mobilización das persoas doentes

Atender de maneira afectiva e efectiva

20/01/2024 | Lodoselo

O xoves 18 de xaneiro entre as 17 e as 20 horas tivemos unha formación interna no Centro Lodoselo aberta a todo o  persoal laboral; tamén participou algunha persoa voluntaria. A temática foi a mobilización das persoas doentes ou enfermas. Trátase dunha das formacións que se realiza co crédito que ten o CDR O Viso coa Fundación Estatal para a Formación no Emprego (Fundae).
Xestionada, esta vez, polo Centro de Formación Syem de Vigo, empresa especializada na formación online para empresas, nós tivemos a sorte de facela presencial e contar coa presencia como docente de Patricia, profesional sanitaria do 061.
Tras unha breve introdución teórica deseguida pasamos a realizar as prácticas de mobilización, traslado entre camas, de cama a cadeira e de cadeira a cama ou a outra cadeira, levantar unha persoa do chan, subir e baixar ás persoas dos vehículos nos que os desprazamos, actuacións axeitadas cando alguén se atragoa... e sobre todo formular as dúbidas e compartir os distintos modos de facer que nos parecían máis axeitados co ánimo de mellorar a nosa actuación cotiá.
Nun ambiente moi agradable deseguida se foi pasando un tempo no que se insistiu na necesidade de coidarme para poder coidar e que rematou coa relatora facendo unha reflexión sobre a importancia de saber deixar ir; da vida e da morte digna e creando un ambiente de reflexión ben interesante.
Celebramos gustosos a implicación de todas as persoas na formación permanente; a necesaria educación para toda a vida e durante toda a vida; o empeño de mellorarnos como entidade ética porque a revolución haise de facer coidando (coidarme-coidarte-coidarnos) e os coidados hanse de entender como revolucionarios.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias