Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/01/2024 | 1 Oveja parida 2024

Contribuíndo a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais

Neste día de San Antón e tódolos días do ano

17/01/2024 | A Limia

Hoxe, 17 de xaneiro, celebramos a festividade de San Antonio Abade; O San Antón como dicimos en case todos os pobos de España nos que arraigou unha gran devoción a este santo, protector dos animais. E, como é costume nos ambientes rurais moi vinculados á gandaría doméstica, lévanse a cabo, neste día, varios ritos para conservar a saúde dos animais.
No CDR temos aves (moitas e diferentes razas de galiñas e cruces, ocas, patos mudos e corredores indios, pavos…), coellos, unha burra (a Terra), cans (a Muma e o Eo), gato. abellas e un pequeno rabaño de ovellas. E xa temos os primeiros poliños nacidos neste ano e os primeiros añiños tamén do 2024.
E aí estamos aprendendo cada día tamén a ética dos coidados que inclúe ós animais non humanos; marabillándonos de que eles non dubidan en axudar. Avanzando cara un desenvolvemento non só sustentable, que manteña e non estrague; tamén rexenerativo, que mellore o noso medio. Porque a rexeneración vai máis aló da sostibilidade  xa que non só intenta minimizar o impacto sobre o medio; ambicionamos que ese impacto sexa positivo.
Aproveitemos este día e contribuamos a crear un ambiente favorable de coidado e respecto polos animais. Ocasión para dar un impulso a boas costumes en favor de todos os animais facéndoa extensiva a toda a Natureza en xeral, nun sentido plenamente ecoloxista e universal.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias