Noticias
© CDR O Viso | 04/01/2024 | Alumar 1
2023 pasiños máis lonxe da soidade
Rematou un ano máis para moita xente pero un moi especial para 23 persoas da Limia
04/01/2024 | 2023 pasitos más lejos de la soledad
A través do proxecto ALUMAR, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de amor e sentimento de comunidade para combater esa situación. Arrancaba o proxecto en novembro e rematou co peche do ano. Os 23 regalos voaron das mans amigas das veciñas e veciños solidarias cara as casas onde se apagara a luz do nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no tempo das xeadas.
A gratitude do CDR O Viso cara a xente da Limia é infinito e quérello mostrar cunha peza audiovisual que verá a luz o venres 5, ás 12 do mediodía, nas súas redes sociais. É unha escolma das emocións que espertou esta acción nas persoas que sentiron a calor de xente que nin coñecen.
Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo “xanta na casa” (ou de comedor a domicilio), o proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación. Este proxecto, así coma outros, foi posible grazas á ó financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias