Noticias
© CDR O Viso | 16/01/2026 | Curso de Atención Sociosanitaria de Cuidados
Atención sociosanitaria de coidados ás persoas con necesidades de apoio en contornos comunitarios
Curso formativo
16/01/2026
Se che Interesa o ámbito dos coidados e queres formarte para acompañar a persoas con necesidades de apoio esta formación é para ti.
Dende o C.D.R. O Viso ofertamos o curso de Atención sociosanitaria de coidados en contornas comunitarias, unha oportunidade para adquirir competencias profesionais e avanzar no ámbito dos coidados, cun acompañamento personalizado ao longo de todo o proceso.
Permite acceder ao proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais: Son 450 horas de formación e comeza en febreiro. Inscricións abertas ata o 29 de xaneiro.
No CDR O Viso, continuamos traballando por e para a inclusión no medio rural no marco do Programa de itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social concedidos a COCEDER, enmarcados no Programa Estatal de FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021ES05SFPR003). Son gratuítos, cofinanciados pola Unión Europea e a Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto de Sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade
@comisioneuropea @xuntagalicia @coceder_rural @eu.social

Arquivada en:
Infórmate > Noticias