Noticias
© CDR O Viso | 14/01/2026 | Programa de itinerarios integrais contra o despoboamento
Conciliación, inclusión e emprego: o impacto do CDR O Viso na Comarca da Limia durante 2025
30/12/2025
Durante o ano 2025, dende o CDR O Viso continuamos a desenvolver o proxecto Itinerarios integrados contra o despoboamento rural e a inclusión social, acompañando a 73 persoas residentes na Comarca da Limia. A intervención estendeuse a 18 núcleos de poboación, pertencentes a 7 concellos clasificados como DEGURBA 3 (zonas rurais escasamente poboadas) e a 1 concello con clasificación DEGURBA 2, o que reflicte o amplo alcance territorial e comunitario do proxecto.
O traballo realizado baséase nunha metodoloxía integral, centrada no acompañamento individualizado, no reforzo da participación activa das persoas e na creación de redes de apoio comunitario, como elementos clave para a mellora da calidade de vida e da inclusión social e laboral no medio rural.
As 73 persoas participantes formaron parte das distintas áreas de intervención do proxecto:
• Garantía Xuvenil: 21 persoas menores de 18 anos participaron no programa Concilia “Volta ao cole”, desenvolvido durante a primeira semana de setembro. Esta iniciativa facilitou a conciliación familiar nun período no que non existen outras alternativas en Xinzo de Limia antes do inicio do curso escolar, ao tempo que ofreceu ás crianzas un espazo educativo, lúdico e de convivencia baseado en valores de igualdade, amizade, respecto mutuo e coidado do medio ambiente.
• Área de Inclusión Social: 12 persoas recibiron apoio en procesos de inserción social, mediante o deseño de itinerarios personalizados orientados á mellora das habilidades de integración comunitaria, o autocuidado e o mantemento da saúde.
• Área de Inclusión Laboral: 40 persoas foron acompañadas no seu proceso de busca activa de emprego, acadando resultados significativos. O 37,5 % das persoas participantes accedeu a un posto de traballo, mentres que o 40 % realizou accións formativas que permitiron a adquisición de competencias profesionais en sectores como os servizos (almacén e limpeza), o comercio (atención á clientela) e o ámbito sociosanitario.
No marco dos itinerarios de inserción sociolaboral desenvolvidos ao abeiro do FSE+, a conciliación familiar consolidouse como un elemento clave para garantir unha participación real nos procesos de orientación e formación, especialmente no caso de nais e pais. Iniciativas como o Concilia “Volta ao cole” evidencian que sen espazos de coidado é difícil avanzar cara a unha inclusión social e laboral efectiva, unha realidade que se acentúa no medio rural.
Dende o CDR O Viso, afrontamos o ano 2026 co compromiso de seguir impulsando iniciativas que melloren a empregabilidade, fortalezan as redes de apoio comunitario e aposten polos coidados e pola igualdade, contribuíndo a poñer en valor o potencial social e humano da Comarca da Limia e avanzando cara a un territorio máis inclusivo, cohesionado e xusto.
No CDR O Viso, continuamos traballando por e para a inclusión no medio rural no marco do Programa de itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social concedidos a COCEDER, enmarcados no Programa Estatal de FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021ES05SFPR003). Son gratuítos, cofinanciados pola Unión Europea e a Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto de Sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade
@comisioneuropea @xuntagalicia @coceder_rural @eu.social

Arquivada en:
Infórmate > Noticias