Noticias
© CDR O Viso | 14/01/2026 | Alumar 2025
Un inverno de 25 conexións fraternais na Limia
Isto é... Alumar. Grazas, paporrubios.
14/01/2026
Alumar acaba...de empezar. Na carta que a Yolanda lle escribiu á Rosa de Rebordachá puxo: “a terra é o fío que nos une” porque as dúas teñen parte da súa historia de vida enraizada en Venezuela, un pobo irmán que atravesa tempos escuros. Esa unión simbólica e abstracta entre a Yolanda e a Rosa é máxica. Foi un cable que conectou os dous extremos para prender a luz. Exactamente iso é Alumar. Querer que a xente do noso arredor estea ben e descubrir que esa xente veciña está máis próxima do que nunca imaxinamos.
Tamén lle pasou á Inma co Ricardo. Mentres medraba en Xinzo vía a ese home grande pasear cerca do parque. Agora puido entrar na súa casa en forma de regalo e ilusión. Ou ó Alberto, que tivo a oportunidade de demostrarlle á Puri o valente que é.
Pero Alumar é máis. Alumar é crear novas relacións. Iria e Alba, dúas nenas que viven en Xinzo agora son amigas da Marina de Cualedro e xa xogan á brisca e todo. A Iria xoga concentrada e a Alba xoga divertida. A Marina xoga feliz.
Luci e Ainara son irmás e só desa unión íntima pode saír algo tan precioso como os presentes que lle prepararon á Josefa e á Fina, nai e filla que riron e choraron ó descubrir que se pensara nelas.
O Francisco non sabía nin que existían os galos brancos xaponeses nin que existía a Martina. Agora sabe o que é recibir un regalo máxico.
Rosa e Carmen son cuñadas. Vive cada unha soa na súa casa e quedan os venres ás tardes para botar a partida. Unha agora porá a cafeteira nova e a outra levará o dominó que lle regalou a Xiana.
A María, que ten 95 anos, non é capaz de recordar cando recibiu o seu último regalo. O amorosiña que é a manta que a Carmen lle mandou non é nada comparada co calor que sentiu ó saber que alguén pensou nela.
Grazas ó Manolo e á Coral, a Susana e a Verónica van seguir tecendo cadros de diamantes pensando que alguén as quixo facer felices por un momento. A casa do Carlos luce máis bonita porque a Susana pensou e repensou que regalo podería encaixar mellor con esa persoa ó outro lado do fío.
Cada vez participan máis familias e máis persoas de cada familia. O Mateo e o Pablo esmeráronse en pintarlle os mellores debuxos e desexos á Hilda, que é tan florida coma a rosa que recibiu. O Iago e Ander, como non podían comprar viño para regalarllo ó Ángel, foron por unha botella de mosto. Posiblemente a botella de mosto mellor acompañada da histora, con debuxos seus.
Dise que a leña quenta dúas veces. Unha cando se corta e outra cando arde. A manta que a María lle regalou á Manuela quenta tres. Quentou ó comprala, quentou ó recibila e quentará tódalas noites que traballe. Coma a bata da Julia. Nunca ela pensou que noutra parte da Limia estaría un rapaz coa sensibilidade dunha flor estraña, o Miguel, pensando en quentarlle o inverno e o resto do ano.
A Preciosa éo por dentro e por fóra e é inxusto que dixera que a “preciosidade máis grande do mundo” sexa o regalo que lle mandou a Ana. Ela é a verdadeira preciosidade. Elas dúas son a verdadeira preciosidade.
A maxia das palabras tamén quenta. O Gaspar emocionouse ó ler os profundos versos que lle escribiu a Pilar e que levaban o calor de ter saído do máis profundo do ser. Esas poesías xuntaron dúas almas.
É necesario ver o vídeo que recolle o percorrido de Alumar deste ano para ver os ollos do Miguel querendo abrir a navalla que recibiu. Perdera a costume, e a ilusión, de abrir un paquetiño e poder facelo é o maior brinde que lle fai á vida. A Magalí serviulle en bandexa esa honra. Máis ou menos é o caso do Gregorio. A súa vida é pegada ó monte e a Patri soubo entendelo para mandarlle o mel máis saboroso que xamais probou. Nunca ese néctar tivera sabor a compañía, a alegría.
A risa permanente da Itxaso conectouse con outra que tal baila. A pesar das adversidades da vida, a Sole nunca deixa de rir, nin para chorar. Tanto como se ilusionou unha preparando o presente se emocionou a outra ó ver diante dela algo tan único que só alguén que a coñeza e a queira ben pode conseguir.
A sublimación da conexión é cando se triplica. A Clara pensou no que faría feliz á Emilia e acertou. A Emilia necesita ver contenta á súa cadeliña Bela para sentirse ben e os regalos da Clara fixeron pleno. A Emilia emocionábase e a Bela dáballe ó rabo. Felicidade propia do nadal. E ninguén mellor para expresar a ilusión de recibir un agasallo que a Loli.
Alumar tamén foi a Isabel. Quere, necesita máis ben, corresponder ó regalo que recibiu da Romy, unha nena que se fartou a pensar e rebuscar ata dar co detalle ideal. Agora é a Isabel quen desexa coñecer a alguén que “quéroa, aínda que non a coñeza, quéroa moito”.
Iso é Alumar. Grazas, paporrubios.

E grazas ó Centro de día de Xinzo, un paporrubio especial. Estendemos tamén un fío entre nós para, da man, colaborar. Un ano máis, as mans das persoas usuarias déronlle forma de detalle e de postal á súa solidariedade que dese xeito chegou ós 25 fogares alumados.
Esta actividade forma parte do programa Vou Contigo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
Ligazón ó vídeo https://youtu.be/Vt4WjWiCaMw
Arquivada en:
Infórmate > Noticias