Accesibilidad

Axenda de actividades

© CDR O Viso | 03/11/2025 | Cartel Xornada de portas abertas, Magosto. 40 aniversario

Xornada de portas abertas, Magosto. 40 aniversario

40 anos cultivando a esperanza. Procesando a experiencia, aprendendo e agradecendo

07/11/2025 -

Sempre agradecidos a tanta e tanta xente que ó longo destes anos fixo posible o necesario. Esta é unha utopía feita realidade: o que é necesario é posible e realizable. Graciñas! (5 como A. C. O Cruceiro + 35 como CDR O Viso): 40 anos
Vén a festexar. Compartir a perseveranza celebrando a capacidade de sentirnos parte dun proxecto común. Arredor do lume que acompaña, sempre presente... case coma un membro máis; que nos alumea, que nos quenta. No que cociñamos e arredor do que nos xuntamos, falamos, cantamos... conmemoramos a vida.
Lugar de celebración:

Lodoselo

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades