Noticias
© CDR O Viso | 29/10/2025 | Acompañamentos
O compromiso colectivo de promover unha cultura do coidado
Coidando persoas, acompañando vidas
29/10/2025
Celebramos este 29 de outubro, proclamado pola ONU, coma o Día Internacional do Coidado e o Apoio, recoñecendo a importancia de investir na economía do coidado e de crear sistemas sólidos, inclusivos e respectuosos dos dereitos humanos que respondan ás necesidades de todas as persoas, sen importar o seu xénero, idade ou discapacidade.
O apoio é o acto de prestar axuda ou coidados a alguén que os necesita para realizar as súas actividades cotiás e participar na sociedade. Todas as persoas recibimos e brindamos apoio, independentemente de que teñamos ou non unha deficiencia, ou de cal sexa a nosa idade ou condición social.
Os coidados, como actividade que abarca todo o que facemos para manter, perpetuar e reparar o noso mundo, sustentan todas as formas de vida e son fundamentais para o benestar das persoas e do planeta; teñen catro fases: preocuparse, facerse cargo, coidar e recibir coidados.
O obxectivo deste día é valorar, reducir e redistribuír o traballo de coidado non remunerado, que recae en gran parte sobre as mulleres, e recoñecer o traballo de coidado remunerado como esencial para o benestar da sociedade.
O traballo do coidado directo refírese ás actividades de coidado persoal que teñen un carácter relacional, mentres que o traballo do coidado indirecto comprende actividades que contribúen ó benestar, sen que haxa un contacto directo entre as persoas, como limpar e cociñar.
Todas as persoas requirimos coidados no transcurso da vida e, ó mesmo tempo, o coidado do medio ambiente permítenos gozar dunha certa calidade de vida sen poñer en perigo a das xeracións futuras
Imaxinamos unha sociedade na que os coidados sexan o núcleo dunhas economías prósperas, sostibles e xustas; en que se consideren un ben público, así como un traballo cualificado e esencial que é fundamental para o benestar social e económico; en que se recoñezan como a base da participación e o trato igualitarios, e, en que non se reduzan a unha mercadoría ou unha obriga familiar.
Unha sociedade do coidado é un horizonte que supón unha construción colectiva e multidimensional; unha sociedade en que se prioriza a sustentabilidade da vida e do planeta, garántense os dereitos das persoas que necesitan coidados e de quen os proporciona, considérase o autocoidado e o intercoidado, contrarréstase a precarización dos empregos relacionados co sector dos coidados, e visibilízanse os efectos multiplicadores da economía do coidado no que incumbe ó benestar e como un sector dinamizador.

Esta actividade forma parte do programa Vou Contigo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias