Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/10/2025 | Prox. Integral 6

A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso Proxecto integral de intervención comunitaria na comarca da Limia_Servizos de proximidade

14/10/2025

Dende o CDR O Viso continuamos a apostar por un rural vivo, solidario e con futuro.
Grazas ao apoio da Deputación de Ourense, a través da convocatoria de subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro 2025, que desta manera contribúe ó mantemento do Proxecto Integral de Intervención Comunitaria na Comarca da Limia – Servizos de Proximidade.
Este proxecto naceu co obxectivo de crear e coordinar unha rede de recursos comunitarios que dean resposta ás necesidades das persoas maiores e en situación de vulnerabilidade, favorecendo que poidan seguir vivindo nos seus fogares con calidade de vida, combatendo a soidade e o illamento social.
Que facemos?
• Coordinamos servizos de axuda no fogar e acompañamento.
• Ofrecemos menús adaptados e apoio nutricional.
• Garantimos a subministración de medicamentos e a adherencia aos tratamentos.
• Achegamos terapias e servizos rehabilitadores ás casas e centros locais.
• Promovemos espazos de convivencia, participación e lecer inclusivo.
• Favorecemos a inclusión sociolaboral e a sensibilización comunitaria.
Todo isto dende a proximidade, a colaboración e o compromiso co noso rural.
Agradecemos o apoio da Deputación de Ourense por facer posible este proxecto, que reforza o noso compromiso coas persoas e co territorio.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias