Noticias
© CDR O Viso | 01/10/2025 | 40 anos logo
40 anos cultivando a esperanza
Procesando a experiencia, aprendendo e agradecendo
02/10/2025
Mirar atrás, a estes 40 anos de historia (5 como A. C. O Cruceiro + 35 como CDR O Viso) entraña unha das funcións da Memoria que non só ten que ver co pasado; é darlle un enfoque que ten que ver co presente, co pendente. Podemos vivir sen moitas cousas pero non podemos vivir plenamente sen cultivar, construír día a día, a esperanza.
Convivimos coa frustración, cos moitos fallos que temos e celebrarmos os logros, si, sempre atentos ó cotiá, á realidade, ó contexto. Dependemos del e ó tempo queremos modificalo. Sabemos da importancia de ir procesando a experiencia, aprender.
Temos claro que é necesario seguir explorando formas de vida en común, dunha mellor xestión de bens e recursos necesarios para satisfacer as nosas necesidades no empeño de construírmos novas ruralidades sostibles, respectuosas e podermos desenvolver unha vida integradora en harmonía de todas as especies.
Somos seres interdependentes e vivenciamos que illarnos, desvincularnos da contorna é un suicidio. Sentímonos parte dun proxecto común e queremos aproveitar estas datas para falar non só de como facemos o noso traballo; tamén de para que o facemos. Un facer que ó facelo fainos. Dialogar sobre os valores que nos guían axudaranos a mellorar os métodos para alcanzalos. Relatarnos tamén é construírnos.
Sempre agradecidos a tanta e tanta xente que ó longo destes anos fixo posible o necesario. Esta é unha utopía feita realidade: o que é necesario é posible e realizable. Graciñas! Porque tamén somos o que agradecemos. Velaquí unha boa medida, como persoas e como organización, da nosa humanidade.

Enlace ó vídeo:
https://www.youtube.com/shorts/-RtjIEESRUI

Arquivada en:
Infórmate > Noticias