Accesibilidad

Noticias 

© logo Storcito | 12/09/2025 | Storcito

Aprendendo, con boa axuda, a saber pensar para termos algo que dicir

Coa UVigo no proxecto europeo STORCITO e coa PEM e UNATE sobre iniciativas relacionadas coa soidade non desexada e a participación das persoas maiores

12/09/2025

A Universidade de Vigo está a traballar no proxecto europeo STORCITO  https://cordis.europa.eu/project/id/101182153, que coordina Maribel Doval, financiado por Horizonte Europa e que busca transformar de forma sostible as zonas rurais mediante innovación social, ambiental e dixital. STORCITO traballa en tres áreas crave:
* Prevención de incendios usando gando con GPS para pastoreo intelixente e mapas de risco precisos.
* Captura e almacenamento de carbono a través de tecnoloxías adaptadas a contornas rurais.
* Mobilidade rural sostible cunha app de transporte baixo demanda, inclusiva e accesible. 
O proxecto baséase na co-creación con comunidades locais, desenvolvendo solucións replicables en diferentes territorios europeos. Co-creado coas partes interesadas locais, STORCITO ten como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas, capacitación e directrices políticas para aumentar a resiliencia e fomentar o desenvolvemento rural sostible en todo o continente. Galicia é unha das zonas piloto para implementar e validar estas innovacións.
Onte, mércores 11 de setembro, participamos tal e coo tiñamos concertado unha entrevista que se engloba na primeira área de prevención de incendios que está sendo posta en marcha pola UVigo. Trátase de recoller a opinión e experiencia de diferentes grupos de interese na comunidade e consideraron que o CDR O Viso é un bo referente para facer achegas nesta fase.
Destacar o enfoque innovador do proxecto ó integrar tecnoloxía aérea non tripulada, estudos biolóxicos e perspectivas sociais e educativas.

Recentemente recibimos tamén a comunicación e o agradecemento doutra investigadora da PEM e UNATE que nos entrevistara meses atrás para o estudo sobre sobre iniciativas relacionadas coa soidade non desexada e a participación das persoas maiores. A pesar de que o proxecto do CDR non estea na análise principal, incluírono na descrición de todos os proxectos nos anexos para darlles visibilidade e recoñecer o seu valor.
A investigadora, Ana Castro Pujalte, indícanos que o estudo xa está terminado, presentado ó IMSERSO e publicado na web da UNATE. Velaquí a ligazón por se queredes botarlle unha ollada.  https://www.cdroviso.org/index.php?func=detail&par0=6787&dbname=mscoviso&V_dir=MSC&V_mod=documentos&V_idmod=109&orderby=fechapubli+DESC&V_lap=

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias