Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/03/2025 | Un 8M para todas as mulleres. 2025

Reindivicamos un 8M para todas as mulleres

O CDR O Viso promove accións para visibilizar o papel das mulleres invisibilizadas e reforzar a colaboración coa comunidade

08/03/2025

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso lanza a súa campaña do 8M cunha mensaxe clara: reivindicar un Día Internacional das Mulleres para todas, desde as máis recoñecidas ata as máis invisibilizadas. Para iso, apoia a súa iniciativa en dous eixos fundamentais:
1. Colaboración con axentes da comunidade, especialmente no ámbito educativo.
2. Posta en valor das mulleres populares e pouco visibilizadas.
Sarai Bohórquez, responsable dos proxectos de igualdade do CDR, destaca a importancia de que “o 8 de marzo se celebre cos mesmos ingredientes que protagonizan a receita do CDR durante todo o ano”.
 
Actividades educativas nos CEIP da comarca
Ao longo do mes de marzo, o CDR está reforzando o seu traballo cos centros de educación infantil e primaria (CEIP) das zonas máis rurais da comarca da Limia. O seu equipo educativo desenvolve actividades co alumnado para:
• Poñer en valor ás mulleres máis recoñecidas da historia.
• Dar visibilidade ás mulleres da contorna cuxo traballo tamén merece ser destacado.
• Empregar a publicación Mulleres Ilustradas, que viu a luz no outono froito da colaboración entre a ANPA e o CEIP Rosalía de Castro.
• Animar a cada colexio a editar o seu propio libro para homenaxear as mulleres da súa zona.
 
Homenaxe ás mulleres de Sandiás
Na mesma liña de colaboracións, o CDR participou onte na presentación do libro Mulleres Ilustradas no Concello de Sandiás. O acto serviu para homenaxear a catro mulleres deste municipio que aparecen na publicación:
• Noe Vázquez, da Arca da Noe.
• Amalia Manso, do Restaurante O Novaíño.
• Carmen F. Seguín, da familia guerrilleira.
• Concha Méndez, que foi alcaldesa.
Segundo Sarai Bohórquez, “a campaña do CDR este ano quere elevar a imaxe das mulleres do común, de todas as mulleres”.

Unha campaña dentro do Programa ELAS
Esta acción forma parte do Programa ELAS, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias