Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/03/2025 | Aspronaga 1. 2025

Volver ver ós nosos amigos e amigas

Aspronaga. A Coruña

05/03/2025

A moitas persoas sucedeunos isto: cando eramos pequenos e pequenas o verán era o punto no que pivotaba o resto do ano no que respecta ás amizades. Tiña dous momentos igual de emocionantes, un ó principio e un ó final.
Ó principio do verán, sobre todo nas aldeas onde se festexaba o San Xoán, o San Pedro ou a Santa Isabel, volvíanse ver a moitos rapaces e rapazas do pobo que non se vían tanto o resto do ano e con quen se ía pasar cada día dos seguintes dous meses. Cómpre un nome para esa emoción eufórica.
Ó final do verán, cando xa se lle notaba o descenso ós días e xa se ía preparando o material para volver á escola a emoción era por volver ver ós amigos e amigas do diario, compañía nas clases e nos recreos. Esa emoción tamén necesita nome.
Para o CDR esa emoción vívese, entre outros momentos, nas vésperas do entroido porque é aí onde volvemos ver ás amigas e amigas da Coruña. Aspronaga é unha entidade amiga que traballa cada día polas persoas con diversidade a nivel intelectual e cada ano escollen Lodoselo e o CDR para vivir o rural e o entroido. Alegrámonos tanto de ver os debuxos novos que fai o Eric! Alegrámonos tanto de que o Ramón e a Luz sigan vivindo o seu amor despois de 36 anos de relación! Alegrámonos tanto de que o Carlos saiba facer o pan de memoria! Alegrámonos tanto de que a Laura nos queira tanto... Alegrámonos tanto por tantos e tantas...
Que de hoxe nun ano!
????️ Esta acción forma parte do Programa Unidos na Diversidade Construíndo Comunidade, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Xunta de Galicia

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias