Noticias
© CDR O Viso | 05/03/2025 | Trasmiras. Curso emocións 2
Non hai saúde sen saúde mental
Implementamos o programa "Coñecendo as emocións" en Trasmiras
13/01/2025
Fai uns meses que implementamos, no Concello de Trasmiras, o programa "Coñecendo as emocións", unha iniciativa de Afundación e Matia Instituto destinada á promoción do envellecemento activo dende a perspectiva da saúde mental. Este programa é o resultado dun proceso de estudo e análise levado a cabo nos espazos +60 da entidade Afundación.
Foi levado á práctica por diversas entidades de toda Galicia, entre as cales estamos nós, o CDR "O Viso", que o executamos ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro do pasado ano 2024. Desenvolvemos un total de 12 sesións, nas que participaron 9 persoas, as cales tiveron a oportunidade de explorar e comprender mellor as súas propias emocións a través de diferentes materiais e actividades proporcionados pola entidade coordinadora (Afundación).
Durante o programa, abordáronse conceptos fundamentais como a resiliencia e a importancia de pór en palabras as propias vivencias emocionais. Recoñecer as emocións básicas e aprendidas de toda persoa permite aceptar sentimentos como o medo, a tristeza ou o orgullo, e comprender que a alegría non é permanente, pero que aprender a saboreala é un don.
A experiencia resultou ser "emocionante, bela e retadora" para todas as persoas implicadas, e non queremos deixar de destacar a importancia de seguir profundizando no autocoñecemento emocional para mellorar a calidade de vida das persoas en cada unha das etapas vitais.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias