Accesibilidad

Noticias 

© Esme | 02/03/2025 | Domingo grande de E

O auténtico valor da solidariedade

02/03/2025

Hoxe pola tarde, neste domingo grande de entroido, na vivenda comunitaria “A túa outra Casa” en Lodoselo tivemos unha celebración moi especial. A cantante limiá Esmeralda Fernández Dorado, gañadora do concurso Recantos do programa televisivo Luar, ben coñecida polas moitas actuacións na TVG, na Liga dos Cantantes Extraordinarios... veunos deleitar coa súa bonita voz e o que ela expresa e transmite: sensibilidade, afecto.
Esta “recanteira de Ourense Sur” como lle chamaban na TVG achegounos hoxe un tempiño sanador, mesmo de reconstrución emocional; graciñas, Esme! E a María José! Dicimos que as penas ó verbalizalas parece que encollen pero tamén as alegrías, ó compartilas, expándense.
O poder da música, das palabras que dotan de sentido. Castrelo, Preescolar na Casa: O saber as raÍces ten na casa de cada quen. Na víspera do 3 de marzo.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias