Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/02/2025 | POIG febreiro 2025 1

Participamos na Asemblea Xeral da POIG

En prol da infancia

28/02/2025

Este pasado martes, 25 de febreiro, a cidade de Santiago de Compostela converteuse no epicentro do traballo en prol dos dereitos da infancia en Galicia coa celebración da primeira Asemblea Xeral ordinaria e extraordinaria de 2025 da Plataforma de Organizacións dos Dereitos da Infancia de Galicia (POIG).
As 48 entidades membro que integramos esta rede sumamos esforzos, reafirmando o compromiso irrenunciable de garantir unha sociedade que protexa á infancia.
A xornada tivo como eixos centrais a aprobación de documentos fundamentais para a acción da plataforma no futuro inmediato. O Plan Estratéxico e o POA 2025 foron validados como folla de ruta para orientar os esforzos conxuntos das entidades, mentres que a Memoria de Xestión do 2024 permitiu analizar os logros acadados, así como os desafíos que aínda nos quedan por alcanzar.
Pero máis aló disto, o encontro destacou pola súa dimensión máis humana e social. Nos grupos de traballo, compartimos non só reflexións, senón tamén accións concretas que nos levarán a seguir avanzando en prol dos dereitos das nenas, nenos e adolescentes.
A historia ensinounos que o progreso dunha sociedade mídese pola forma na que trata aos seus membros máis vulnerables. E hoxe, en pleno 2025, segue sendo necesario lembrar que a infancia non pode ser relegada a un segundo plano, nin no debate político nin na axenda social.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias